Sábado 15 de Decembro de 2018

O Concello de Oroso convoca dous obradoiros de máscaras de Entroido para nenos e adultos


O Concello de Oroso abre o prazo de inscricións en dous obradoiros para a elaboración de máscaras de Entroido, un para nenos e outro para adultos, que comezarán a impartirse a finais deste mes de xaneiro. As inscricións poden formalizarse no centro cultural de Sigüeiro ou no 981 690 903.

O obradoiro para adultos impartirase os días 20, 23, 27 e 30 de xaneiro, así como o 3 e o 6 de febreiro; mentres que o obradoiro infantil terá lugar os días 4 e 5 de febreiro. En ambos casos o horario será de 16:30 a 18:30 horas e lugar de impartición será o centro cultural de Sigüeiro. Os prezos serán de 15 euros (nenos maiores de 6 anos) e de 20 euros (adultos).