Venres 03 de Xullo de 2020

O Concello de Vimianzo agradece á Deputación Provincial o compromiso en materia de liquidez durante a pandemia


Aproveitando a visita do deputado delegado da área de Asistencia aos Concellos, José Manuel Lage Tuñas, desde o goberno local afirman que tanto ‘na axilidade nos ingresos para facilitar a liquidez como na comunicación das axudas concedidas, foron un piar fundamental para superar a crise sanitaria’, destacan.

O Concello de Vimianzo valora moi positivamente a xestión da Deputación Provincial da Coruña e o seu compromiso co papel que deben desenvolver as entidades locais como dinamizadoras do territorio. Aproveitando a visita do deputado delegado da área de Asistencia aos Concellos José Manuel Lage Tuñas, o goberno local quixo agradecer persoalmente a implicación do organismo.
Desde que empezou o ano, o Concello de Vimianzo recibiu 479.030,25 euros, dos que 312.427,71 foron tramitados despois de ser aprobado o estado de alarma e 61.785,9 corresponden ao definido como POS COVID-19.
Entre eles, destacan os 94.506,04 euros para os servizos comunitarios municipais, os 45.904,60 euros para o Programa de Emprego Local, 14.700.00 euros da creación dun novo posto de traballo de técnico en xestión cultural, 15.435,60 euros para o Servizo de Turismo de Vimianzo e os 6.978,85 euros para o servizo de socorrismo.
‘A axilidade nos ingresos para facilitar a liquidez e a comunicación das axudas concedidas, foron pilar fundamental para superar a crise sanitaria’. Ademais, a Deputación Provincial vén de conceder varias axudas para o financiamento de servizos e postos de traballo en diferentes departamentos municipais, entre o que destacan as subvencións nos servizos comunitarios municipais, turismo, xestión cultural e no PEL, Programa de Emprego Local, que suporían case 46.000 euros para Vimianzo.

Desde o Concello amósanse ‘tremendamente agradecidos por esta liña de accións impulsadas pola entidade provincial. Desde a Deputación están a facer un esforzo colosal e impecable, e de ben nacido é ser agradecido’, subliñan.