Sábado 31 de Outubro de 2020

A Fundación Celta de Vigo asume a coordinación do deporte base de Ribeira


O salón de plenos do consistorio local deu cabida esta mañá á sinatura dun convenio de colaboración en virtude do cal a Fundación Celta de Vigo asume un labor de coordinación e asesoramento ao deporte base do municipio, con implicación de cinco dos clubs de fútbol radicados no concello: Atlético Oleiros, Carreira Club de Fútbol, Cidade de Ribeira, Palmeira e Xuventú Aguiño.
O acto contou coa participación do presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, do alcalde de Ribeira Manuel Ruiz e dos representantes dos diferentes clubs adheridos a este proxecto que o rexedor local cualificou de “histórico” ao conlevar maiores oportunidades de mellora dos rapaces do municipio.
O salón de sesións tamén foi obxecto dun convenio que vincula á Fundación Celta co Cidade de Ribeira Club de Fútbol, equipo resultante da fusión de Atlético Riveira e Sálvora C.F.