Venres 03 de Xullo de 2020

O Concello de Camariñas organiza unha actividade conxunta de pintado de bancos coas cores LGBT


A acción, que terá lugar o xoves e o venres pola mañá na praza da Insuela, sirve para conmemorar o Día do Orgullo LGBT

O Concello de Camariñas conmemorará o Día Internacional do Orgullo LGBT levando a cabo unha actividade conxunta de pintado de bancos coas cores LGBT. Esta acción levarase a cabo na praza da Insuela durante toda a mañá do xoves 2 e o venres 3 de xullo.
Na praza colocaranse varios bancos e o Concello aportará todo o material necesario: brochas, pinceis e pintura (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e violeta). Escolleuse esta ubicación ao ser un espazo aberto que facilita o distanciamento social requirido no contexto actual de crise sanitaria.
Logo, os bancos serán instalados como mobiliario urbano nalgunha das zonas verdes e xardíns do municipio. O goberno local invita a unirse a esta iniciativa a todos os veciños e veciñas que o desexen, tanto aos mozos e mozas como aos máis maiores.

Deja un comentario