Venres 03 de Xullo de 2020

A piscina municipal de Boqueixón abrirá a tempada este mércores 1 de xullo coa redución do aforo ao 50%


As instalacións permanecerán abertas ao público ata o 6 de setembro, en horario de luns a domingo de 15.00 a 21.00 horas
A piscina municipal de Boqueixón abrirá a súa tempada este mércores 1 de xullo. As instalacións localizadas en O Forte permanecerán abertas ao público ata o vindeiro 6 de setembro en horario de 15.00 a 21.00 horas, de luns a domingo. En caso de mal tempo, a piscina permanecerá pechada.
Dadas as circunstancias da nova normalidade, o Concello de Boqueixón porá en marcha un protocolo de seguridade para esta instalación. Así, o aforo reducirase a un 50% do total da lámina de auga. As persoas usuarias deberán cumprir en todo momento coa normativa de distanciamento social tanto dentro
como nos acceso á piscina municipal.
Os prezos dos bonos de 20 entradas son de 6 € (para menores ata 16 anos), e de 12 euros, para maiores de 16 anos. A adquisición dos mesmos deberase realizar nas propias instalacións da piscina municipal. Ademais, ofrécense diferentes opcións de abonos familiares. O pago deberá realizarse obrigatoriamente mediante abono bancario ao número de conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666 e presentando o correspondente resgardo.
De xeito paralelo, a piscina municipal de Boqueixón acollerá de luns a venres polas mañás as actividades do programa de conciliación Verán Activo e os cursos de natación dirixidos a escolares de Infantil e Primaria. Así, compleméntase a oferta de lecer destas instalacións municipais.
As persoas que queiran solicitar máis información poden contactar directamente coa piscina municipal a través do teléfono 636 71 721.

Deja un comentario