Venres 07 de Agosto de 2020

O Plan Único financia a construción dunha senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño, en Ames


As obras están en fase de licitación pública ata o 13 de xullo

O Plan Único financia a construción dunha senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño, en Ames
O Concello de Ames financiará con fondos do Plan Único a construción dunha senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño.

As obras están en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado cun orzamento 134.596,95 euros, que serán financiados integramente con fondos adicionais do Plan Único (POS+2019).

O proxecto suporá a construción dunha senda de 750 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho en lastro e formigón, que contribuirá a mellorar a seguridade peonil na zona. Incluirá un sistema de recollida de pluviais con 26 sumidoiros e a canalización para dotar á zona de alumeado público.

O proxecto contempla tamén a construción dun muro de bloques de granito de 120 metros de lonxitude e 1,50 metros de alto para a contención de terras, coa correspondente varanda metálica de protección.