Venres 03 de Xullo de 2020

O Concello de Camariñas mellorará os accesos do paseo marítimo de Camelle


A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes, acudiron esta mañá ás tarefas de replanteo.

O Concello de Camariñas mellorará os accesos do paseo marítimo de Camelle, por un importe total de 68.232, 43 euros. A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes, acudiron esta mañá ás tarefas de replanteo das mesmas, que comezarán a finais desta semana.
Dentro dos traballos, contémplase a rehabilitación e renovación dun tramo da rúa Campo de Area, que dá accceso ao paseo marítimo, dentro do núcleo urbano de Camelle. Renovarase a rede de saneamento, construirase unha nova rede de pluviais, e tamén novas acometidas de saneamento, pluviais e abastecemento de auga.
Dentro deste proxecto está contemplada a urbanización da rúa anteriormente mencionada, a de Campo de Area, coa que se busca aumentar a seguridade dos peóns e acondicionalas para persoas con mobilidade reducida. Estímase que a duración das obras será de dous meses desde o comezo das mesmas.
A alcaldesa, Sandra Insua, sinalou que ‘dotaremos ao núcleo de Camelle cun acceso acorde á importancia natural e patrimonial do mesmo. Dentro deste novo proxecto contemplamos o aumento da protección dos viandantes cando teñan que usar este treito, un punto tremendamente importante’, sinalou a rexedora.

Deja un comentario