Venres 03 de Xullo de 2020

O transporte público recupera a normalidade coa entrada en vigor este mércores do horario de verán


Mañá mércores, 1 de xullo, entrarán en vigor os horarios de verán do servizo de transporte público. Será ese día cando se retome a normalidade no funcionamento deste servizo, despois de varios meses de limitacións motivadas polo drástico descenso da demanda de usuarios/as e das obrigas hixiénicas e sanitarias a raíz da Covid-19.

Todas as liñas recuperan os horarios habituais da tempada de verán. Durante estes primeiros días de xullo facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual e realizarase a substitución da cartelería nas paradas do municipio.

Nos documentos adxuntos poden consultarse os horarios e frecuencias por liña.

Deja un comentario