Venres 07 de Agosto de 2020

A Escola Municipal de Música de Lousame abre mañá venres o período de matrícula


A Escola Municipal de Música de Lousame abre mañá venres 3 de xullo o período de reserva de matrícula de novo alumnado para o curso 2020/2021, un proceso que estará aberto ata o vindeiro 17 de xullo. Unhas inscricións que deberán formalizarse na Casa da Cultura de Lousame, teléfono 981 825 780. A matrícula é de balde e a escola emprestará os instrumentos ao alumnado.
As modalidades ofertadas este ano inclúen música e movemento, inicio de linguaxe musical, linguaxe musical, educación auditiva e vogal, frauta, oboe, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, piano e guitarra. Tamén se ofrece a posibilidade de preparar probas para a entrada en conservatorios.
A Escola Municipal de Música lousamiá conta con profesores titulados e dispón tamén dunha Banda Infantil de Música, na que os rapaces e rapazas poñen en práctica as ensinanzas aprendidas ao longo do curso.