Luns 03 de Agosto de 2020

Mural de Miguel Peralta


Miguel Peralta, dede Cestola na Cachola, está a elaborar un mural con motivo desta festividade no centro do municipio. Unha gran irmandiña será a protagonista desta peza, na que o Castelo será o elemento vehicular da mesma.

«É un verdadeiro orgullo para min, poder elaborar unha obra deste calado por todo o que supón: a localización é inmellorable e o seu significado é elevadísimo para todo Vimianzo. Agardo que guste a idea, á que adiquei sobre dez horas diarias agás os días de inclemencias meteorolóxicas, e que estrearemos este sábado’.