Luns 03 de Agosto de 2020

O Concello de Touro propón un fin de semana de autocine os días 10 e 11 de xullo


O Concello de Touro programa un fin de semana de autocine en Fonte Díaz. As sesións serán os próximos días 10 e 11 de xullo de 2020, onde se poderá disfrutar de dúas películas dentro de cada un dos vehículos particulares para cumplir cos parámetros de seguridade a causa da Covid-19. As propostas son ‘Ralph rompe internet’, que se proxectará o venres 10 de xullo; e ‘A esmorga’ prevista para o sábado 11 de xullo. O lugar da proxección: o aparcamento da Sala de Festa Dona Dana, en Fonte Díaz. A apertura de portas está prevista para as 20.00 horas e as proxeccións comenzarán ás 22.30 horas, cando xa comenza a anoitecer, condición indispensable para desfrutar dunha sesión de cine dende o coche. As proxeccións poderánse seguir dende os vehículos coa correspondente frecuencia de FM para así evitar o contacto entre os asistentes. Cada familia que asista ás sesións pode levar a súa propia merenda ou mercar palomitas e bebida no autocine. Más información: www.autocine.gal e www.cinenarua.com.