Venres 26 de Febreiro de 2021

A Xunta entrega este venres tres novas marquesiñas aos concellos de Boiro, Carnota e Cabana de Bergantiños


A Xunta está instalando estes refuxios, con selo galego no deseño e na madeira empregada, nas zonas urbanas e rurais para dotar de instalacións axeitadas ás paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano
A Xunta de Galicia entrega este venres tres novas marquesiñas aos concellos de Boiro, Carnota e Cabana de Bergantiños estas novas infraestruturas enmárcanse dentro do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte.
A Xunta está instalando refuxios nas zonas urbanas e nas zonas rurais para dotar de instalacións axeitadas ás paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de toda a comunidade.
Estas marquesiñas, con selo galego tanto no deseño como na madeira empregada, teñen como obxectivos protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas, facer máis cómoda e segura a espera e fomentar a información sobre a frecuencia e destino dos servizos de transporte público que pasan por este punto.
Esta é unha oportunidade para ofrecer máis e mellores servizos aos cidadáns, pensando especialmente no rural e no interior de Galicia e traballando para adecuar o transporte á realidade territorial da comunidade e ás necesidades dos galegos do século XXI.A