Mércores 23 de Setembro de 2020

O Concello de Vimianzo presenta uns datos solventes en materia de pago a proveedores


A media na que se efectúa son 6,73 días no segundo trimestre.
O Concello de Vimianzo presenta uns datos solventes en materia de pago a proveedores. A media na que se efectúa son 6,73 días no segundo trimestre, unha cifra ‘tremendamente positiva, que permite que os pagamentos se leven a cabo ‘cada semana, para garantir a cobertura económica de todos os nosos subministradores e facelo coa máxima frecuencia posible’, comenta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.
Desde os departamentos de Intervención e Tesourería axilizan a xestión dos pagos e facturas para que se rexistren telematicamente, nunha medida provocada pola pandemia da COVID-19 pero que continúa unha vez decretado o levantamento do estado de alarma.
No relativo a estas cifras, no primeiro trimestre de 2020 a media foi de 10,59 días; no terceiro trimestre de 2019 de 0,77 e no cuarto trimestre de 2019, de 0,83. Datos que avalan a boa xestión por parte da adminstración vimianesa neste aspecto.
‘Para nós xa era primordial efectuar os pagos en tempo e forma, pero agora a situación agrávase coa crise da COVID-19. As persoas precisan de liquidez e estamos a facer un esforzo engadido para facelo posible’, apuntan desde o Concello.