Venres 07 de Agosto de 2020

A brigada de obras do Concello de Noia realiza obras de limpeza e mellora de espazos públicos en Santa Cristina de Barro


A brigada de obras do Concello de Noia está a acometer estes días actuacións de limpeza e mellora en distintos espazos da parroquia de Santa Cristina de Barro.
“Son pequenas actuacións de limpeza e acondicionamento de beirarrúas, roza de marxes de estradas e camiños, así como de limpeza da contorna do miradoiro e da igrexa de Santa Cristina”, explica o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón. Así mesmo, estase aproveitando para realizar pequenos arranxos no mobiliario urbano instalado nesta parroquia noiesa.