Sábado 28 de Novembro de 2020

Traballos de recuperación


O Concello de Vimianzo continúa cos traballos de recuperación, mantemento e limpeza de todos os núcleos do municipio. O tenente de alcalde, Víctor Muíño, visitou esta mañá os traballos de pavimentación no núcleo de Careixo e as limpezas que se están acometendo na parroquia de Salto. A estes traballos únese a recuperación dos antigos xardíns, como os da parroquia de Salto.