Mércores 23 de Setembro de 2020

O sábado Vimianzo acollerá unha ruta ornitolóxica pola paisaxe do encoro da fervenza


O roteiro, que terá lugar a partir das 10:00 h, será guiado polo Grupo Naturalista Hábitat
Este sábado, 8 de agosto, ás 10:00 h o Concello de Vimianzo organiza unha ruta ornitolóxica pola paisaxe do Encoro da Fervenza. Da man do Grupo Naturalista Hábitat realizarase un roteiro guiado explicando por que este lugar é un punto destacado para o turismo ornitolóxico.

Na ruta avistaranse paxaros e analizaranse as pegadas dos animais que pasean polo encoro e as especies que habitan as súas augas. Para a actividade recoméndase levar roupa cómoda para camiñar e prismáticos. A visita conta con 20 prazas e a inscrición é gratuíta. Máis información en turismo@vimianzo.gal e no whatsapp 604 036 617.