Mércores 23 de Setembro de 2020

O Concello de Boqueixón organiza para o venres 14 de agosto unha xornada de ‘Ioga na Natureza’


A actividade é de balde, previa inscrición no Departamento de Cultura

O Concello de Boqueixón organiza unha xornada de Ioga na Natureza o vindeiro venres 14 de agosto. A actividade, de carácter gratuíto, desenvolverase entre as 19.30 e as 21.00 horas en Ponte Ledesma, nas Ínsuas de Gres.
A xornada é de carácter gratuíto. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición previa no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón, a través do e-mail cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115. O aforo está limitado a 15 asistentes.
A cita, organizada en colaboración con Agora Yoga, ofrecerá unha sesión de iniciación ao Ioga Integral, que se desenvolverán nun enclave para desfrutar da natureza e coñecer os beneficios desta práctica milenaria. Así, as persoas participantes aprenderán a realizar as posturas Asanas, a respiración consciente e a fase de relaxación-meditación.