Mércores 23 de Setembro de 2020

Convócanse as axudas destinadas a entidades sociais con programas de actividades en materia de igualdade


A Concellería de Benestar Social destinará 120.000 euros ao fortalecemento do movemento asociativo e a accións de prevención das violencias machistas, así como a iniciativas en que se recoñezan as persoas LGTBQI e os seus dereitos e que promovan a igualdade de xénero

As subvencións destinadas a entidades sociais para desenvolveren actividades en materia de igualdade foron publicadas estes días no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Cun importe de 120.000 euros, estas axudas corresponden ao apartado doutras transferencias correntes a familias sen fins de lucro, incluídas dentro dos orzamentos municipais.
Estarán repartidas en dúas liñas. Na primeira fortalecerase e empoderarase o movemento asociativo con 70.000 euros, mentres que un segundo apartado irá dirixido con 50.000 euros a actividades de prevención das violencias machistas nun senso amplo e máis en concreto para atenderen ás vítimas. Ademais, a partida financiará accións pola defensa do recoñecemento e os dereitos das persoas LGTBQI e as que estean relacionadas coa promoción da igualdade de xénero.
As solicitudes deberánse presentar a través da sede electrónica do concello até o 7 de setembro. Poderase pedir subvención para unha ou varias liñas e/ou programas nunha única solicitude, sempre que a entidade interesada especifique cada actividade de forma independente e por orde de preferencia. O prazo para executaren as iniciativas rematará o 31 de xaneiro deste ano e este programa de axudas poderá compatibilizarse con outros convocados por entidades públicas ou privadas.