Luns 28 de Setembro de 2020

O Concello continúa saneando as súas contas en virtude do benestar dos habitantes de Miño


Por primeira vez desde hai anos, cúmprese o obxectivo da Regra de Gasto e garántese a sustentabilidade financeira do municipio.
O Concello de Miño presentou a Conta Xeral de 2019 en tempo e forma e o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, móstrase satisfeito polos datos que arroxou o documento contable.
“A Conta Xeral de 2019 contempla toda a débeda municipal real por primeira vez en anos, e facía tamén moito tempo que os datos a liquidación non eran tan alentadores como estes” declara o rexedor miñense.
Así, en 2019 o Concello de Miño cumpriu con dous das tres regulas fiscais da Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira:
 Obxectivo de Estabilidade Orzamentaria, cunha capacidade de financiamento de 146.518,73 euros.
 Obxectivo da Regra de Gasto, cun saldo a favor en 2019 de 56.289,25 euros.
 Doutra banda, a terceira regra, o Límite de débeda (porcentaxe de débeda sobre ingresos correntes) mellora sensiblemente debido a que pasa de 278,72% en 2017 a 213,43% en 2019.
Todo isto representa un feito moi positivo que emana do peche do exercicio 2019, e é que o Concello obtivo cifras que garanten a súa sustentabilidade financeira ao cumprir o obxectivo principal do seu plan de axuste. Cunha cifra positiva de remanente líquido de tesourería para gastos xerais de 409.996,35
euros, que lle permitirá en 2020 cumprir co plan de axuste coa amortización anticipada e extraordinaria de endebedamento. Isto, á súa vez, reducirá a súa carga financeira para os exercicios 2022 e 2023.

2017                           2018                                  2019
Obxectivo de estabilidade                                      SI                                 SI                                      SI

Obxectivo de Regra de Gasto                           NON                            NON                                     SI
Límite de débeda (%)                                     278,72                         238,32                               213,43

Faraldo lembra que as cifras da Conta Xeral serven para coñecer con certeza o que se fixo cos recursos asignados e en que medida, a recadación dos ingresos e a execución dos gastos, comportáronse conforme o esperado e aprobado.
Desde o Concello, tamén queren destacar ‘a ampla oferta de accións en virtude do benestar dos veciños e veciñas de Miño, xa que non deixamos de programar eventos culturais, impulsar obras para mellorar a contorna ou medidas para poñer en valor o noso territorio’, subliñan.
“Comprometémonos/Comprometémosnos a parar a sangría dos intereses da débeda e estamos a cumprir. Prometemos mellorar as contas e isto demostra que iniciamos este camiño. Non é fácil nin será rápido, e con esta Conta Xeral rendemos contas do noso traballo.”