Venres 27 de Novembro de 2020

A programación para público infantil «Papeques» continúa con concertos, recitais, contacontos e teatro


A terceira edición do programa Papeques segue a desenvolverse con diferentes actividades para os máis pequenos da casa.

Hoxe xoves, ás 18 h, proxectarase na Casa da Cultura a película Los Pitufos: la aldea escondida para a que aínda hai entradas dispoñibles. O sábado levarase a cabo o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona para o que xa non hai entradas.

Na vindeira semana a biblioteca da Casa da Cultura acollerá tres actividades. A escritora de literatura infantil e xuvenil e presentadora de Cifras e Letras na TVG, María Canosa, levará a cabo un divertido recital chamado Versos para perder medos, para idades de entre 5 e 7 anos. O mércores levarase a cabo un Contacontos Sensorial para bebés de 0 a 3 anos de idade, e o xoves volve a compañía do Trinketrinke cun contacontos titulado O coelliño branco, para idades de 5 a 8 anos. Todas as actividades comezarán ás 18 h. e con aforos moi limitados.

O ciclo Papeques 2020 rematará o sábado 26 de setembro coa obra teatral e musical Animais de compañía, de Teatro do Noroeste. Será no local Xente Nova de Tabeaio ás 19 h.

Para todas as actividades é necesario reservar previamente os convites, xa que as capacidades para o público están moi limitadas para atender as recomendacións sanitarias do Covid.