Xoves 29 de Outubro de 2020

As Escolas Culturais Municipais aínda non comezarán a súa actividade


As escolas municipais de Cultura que organiza en cada curso o Concello de Carral non ofertará de momento o seu catálogo de opcións. As recomendacións sanitarias para evitar o contaxio do Covid e as características deste tipo de actividades provocan a decisión de agardar a que as circunstancias posibiliten desenvolvelas con garantías sanitarias e coa calidade didáctica que precisan este tipo de actividades.