Xoves 29 de Outubro de 2020

O grupo Os Monifates ofrecerá un concerto gratuíto mañá venres na Praza do Curro de Noia


Trátase dunha actuación incluída no proxecto “Interritmos, son no rural”

A Praza do Curro de Noia acollerá mañá venres 18 de setembro, ás 20:00 horas, un concerto de Os Monifates, un dos tres grupos gañadores do concurso “Interritmos, sons no rural”. Trátase do primeiro dos concertos de presentacións dos gañadores deste concurso dirixido a solistas e grupos de música tradicional e que foi organizado pola asociación Deloa, subvencionado a través do programa Leader.
A asistencia ao concerto é de balde, se ben o aforo será limitado e haberá que cumprir con todos os protocolos sanitarios, sobre todo levar máscara e manter a distancia de seguridade. O Concello de Noia colabora na organización da actuación.
As seguintes citas musicais serán o sábado 19, ás 13:30 horas, na alameda da Pobra do Caramiñal, coa actuación de Millo Miúdo. O grupo Ailá pechará este ciclo de concertos de presentacións dos gañadores de “Interritmos: son do rural” coa súa actuación no centro social de Abanqueiro (Boiro) o sábado 19, ás 20:00 horas.