Xoves 29 de Outubro de 2020

A Casa da Cultura de Lousame acolle mañá venres o obradoiro “Xogando coa música”


A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá venres 18 de setembro, ás 19:00 horas, o obradoiro “Xogando coa música”, dirixido por Esperanza Mara.
Recomendado para nenos e nenas do municipio maiores de 3 anos, as inscricións aínda estarán abertas ata as 14:00 horas do propio venres chamando ao 981 825 780.
“Xogando coa música” consiste nun contacontos para a cativada inspirado na historia dunha soprano que non é quen de cantar logo de que un neno se rira dela en público. Coa axuda da Serea Medea e da rapazada lousamiá, conseguirá volver a cantar. Un espectáculo familiar e gratuíto duns 45 minutos de duración.