Luns 25 de Xaneiro de 2021

O Concello de Noia entregará as axudas para o servizo de comedor e a compra de libros e material didáctico a máis de 400 beneficiarios


As bolsas poderán recollerse no salón de plenos o xoves 24, venres 25 e luns 28 de setembro, por orde alfabética

O Concello de Noia entregará as máis de 400 axudas para a adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para alumnos e alumnas de educación infantil e primaria durante o curso académico 2020-2021. Unhas bolsas para as que o Concello destina unha partida de 38.500 euros.
Para axilizar a entrega das axudas, que en todo caso deberán ser recollidas pola persoa solicitante da mesma, o Concello de Noia habilitará un servizo de entrega no salón de plenos durante os días 24, 25 e 28 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Para evitar aglomeracións, o xoves 24 están chamados as persoas solicitantes cuxo fillo ou filla teña o primeiro apelido entre o “A” e o “F” (incluídos). O venres 25 será a quenda do “G” ao “O” e o luns 28 do “P” ao “Z”.
Para aquelas persoas que non poidan acudir na data que lles corresponde, o Concello de Noia habilitará un servizo de cita previa a partir da próxima semana. Para poder acceder a estas axudas é preciso que todos os membros da unidade familiar estean empadroados no Concello de Noia cun mínimo de 6 meses de antigüidade, ter algún fillo/a matriculado nun curso de educación infantil ou primaria nun centro público ou concertado no termo municipal noiés para o curso 2020-2021 e non superar os ingresos brutos per cápita da unidade familiar o salario mínimo interprofesional (10.302,60 euros/ano).