Luns 25 de Xaneiro de 2021

Obradoiro do empoderamento feminino no Auditorio a iniciativa do CIM de Ribeira


O Auditorio de Ribeira vai dar cabida durante os días 23, 25, 29 e 30 de setembro, de 10 a 14 horas, a un obradoiro de empoderamento feminino titulado “Eu son, xuntas creamos: auto expresión e arte para mulleres”.
Trátase dunha acción promovida polo CIM de Ribeira con financiamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade, con fondos europeos. Participan dez alumnas. Charla aberta sobre igualdade
Ademais, como complemento, o 25 de setembro haberá unha charla sobre igualdade e prevención de violencia de xénero aberta a quen desexe asistir (ata máximo de aforo). Celebrarase no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19 horas.