Xoves 29 de Outubro de 2020

O concello de Ribeira oferta seis escolas deportivas municipais para este inverno


O luns ábrese a renovación de quen participou na anterior campaña

Pese aos condicionantes imposto polo covid-19 o Concello de Ribeira vai ofertar a celebración de escolas deportivas municipais en seis especialidades para esta tempada de inverno 2020-2021, e nas que se adoptarán por suposto cantas medidas sexan necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención.
Tales especialidades son atletismo, fitness, patinaxe, pádel, tenis e duatlón, segundo explicou a concelleira de Deportes, Juana Brión, durante a presentación ofrecida esta mañá na casa consistorial ribeirense.,
Así, dende o vindeiro luns 28 de setembro ata o 2 de outubro as persoas que participaron nas Escolas Deportivas de Inverno na campaña anterior (2019/2020), poderán renovar a súa participación
para a presente campaña. A renovación poderase facer presentando o formulario de renovación en:
• Presencialmente nas oficinas de atención cidadá do Concello (atención ao público de 9.30 h. a 13.30 h.).
• De maneira telemática en https://ventanilla.riveira.es/ (PORTELO DIXITAL), no apartado de TRAMITES EN LIÑA – SERVIZO DE DEPORTES – ESCOLAS DEPORTIVAS DE INVERNO 2020/2021 (necesario certificado dixital ou dni electrónico).
Novas matrículas
Do 13 ao 16 de outubro, as persoas que cumpran os requisitos establecidos poderán matricularse das seguintes maneiras:
• Presencialmente nas oficinas de atención cidadá do Concello (atención ao público de 9.30 h. a 13.30 h.).
• De maneira telemática en https://ventanilla.riveira.es/ (PORTELO DIXITAL), no apartado de TRAMITES EN LIÑA – SERVIZO DE DEPORTES – ESCOLAS DEPORTIVAS DE INVERNO 2020/2021 (necesario certificado dixital ou dni electrónico).

Pódense solicitar a inscrición en varias actividades distintas, incluso en varios horarios da mesma actividade, pero neste último caso indicando a orde de preferencia. Calquera dúbida/información
referente as inscricións solucionaranse na oficina de deportes do complexo deportivo A Fieiteira (981 873646; deportes@ribeira.gal).
Listaxes
A exposición de listaxes provisionais terá lugar o 19 de outubro. Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles nalgún dos cursos, terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Ribeira (consultarase o censo municipal) e de persistir a mesma situación, realizarase un sorteo público (o día 20 de outubro, ás 12 horas no salón de plenos municipal).
O 21 de outubro publicaranse as listaxes definitivas na web municipal. Unha vez rematados os prazos e de quedar prazas libres, poderase seguir anotando xente ata que se esgoten as mesmas, estas
anotacións faranse de maneira presencial na oficina de deportes do concello de Ribeira (Complexo Deportivo A Fieiteira).
Calquera dúbida/información referente as inscricións solucionaranse na oficina de deportes do complexo deportivo A Fieiteira (981 873646; deportes@ribeira.gal).