Xoves 29 de Outubro de 2020

Touro reparte cen postes dispensadores de xel hidroalcohólico nos establecementos comerciais do Concello


O Concello de Touro distribuiu nos últimos días 100 postes dispensadores de xel hidroalcohólico polos establecementos comerciais e de hostalería do Concello. O Goberno local de Touro contribúe así cos pequenos e medianos empresarios de Touro a mater a raia a Covid19. Os postes dispensadores tamén están sendo instalados en outras ubicacións como, por exemplo, o Centro de Saúde. O Concello de Touro comunica aos negocios ou establecemos que ainda non o recibirán, que se dirixan á sede do Concello para tramitar a súa solicitude e entrega do dispensador.

Arredor de 100 negocios do Concello de Touro que reciben clientes a diario xa contan cun dispensador, que foron repartidos nos últimos días. O material foi financiado polo Concello de Touro, que destaca o esforzo para axudar a garantir a seguridade dos comerciantes e hostaleiros do Concello e dos propios habitantes e máis dos visitantes. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, solicita de novo a colaboración dos veciños e veciñas de Touro para manter illado e lonxe das nosas vidas ao coronavirus. E lembra seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, que fan referencia ao lavado de mans, a usar a máscara e a manter a distancia de dous metros con outras persoas. “Entre todos derrotaremos o coronavirus”, apunta Ignacio Codesido.