Xoves 29 de Outubro de 2020

Actividades as obras de reordanación do Paseo das Carolinas e do entorno do Parque García Bayón an fachada marítima de Ribeira


Operarios da empresa adxudicataria realizan traballos preliminares

O Concello de Ribeira informa de que xa están activadas as esperadas obras de reordenación do paseo das Carolinas e do entorno do parque García Bayón: unha actuación que culmina a renovación renovación integral da fachada marítima da cidade de Santa Uxía logo das obras de remodelación do Malecón emprendidas o ano pasado.
Así, no día de hoxe tiveron lugar os traballos preliminares de cara a unha actuación cuxo importe ascende a 441.833 euros, financiados por Portos de Galicia en virtude do acordo subscrito co Concello en
abril do 2019. O prazo de execución son cinco meses.
Proseguindo co espírito da intervención emprendida no Malecón, a actuación a efectuar no paseo das Carolinas persegue o propósito de dar prioridade ao peón sobre o tráfico rodado conferindo a este contorno o carácter urbano que lle corresponde.
A tal efecto, redactouse un proxecto técnico que inclúe a habilitación dun único carril de circulación en dirección saída e a ampliación da xardineira central, dotando así á zona de máis espazos verdes. No
que atinxe á parte pegada ás vivendas, a área será reordenada dispoñendo aparcamentos en batería e aumentando o espazo de uso destinado aos viandantes.
Carril bici do Touro a Coroso
Ademais, pola banda pegada ao porto crearase un carril bici que una o existente no Touro-Malecón co do paseo de Coroso, de tal xeito que toda a banda litoral da cidade sexa perfectamente percorrible en bicicleta coa fin de facilitar así este medio de transporte.
Así mesmo, o proxecto inclúe a implantación de liñas novas de pluviais. Instalarase 180 metros de tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así como 15 acometidas, 45 arquetas e 5 pozos de
rexistro.