Xoves 29 de Outubro de 2020

Inés Rey agradécelle ao Deportivo Liceo o seu compromiso coa cidade


O club obsequiou a alcaldesa cun carné de socia, que a rexedora valorou “todo un detalle, faime moita ilusión recibir este carné porque ademais o número de socia é moi simbólico, o 15006, a data da miña toma de posesión, o 15 de xuño”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, asistiron hoxe ao adestramento previo ao comezo da tempada do Deportivo Liceo, que comeza mañá, no Pazo dos Deportes de Riazor. Rey agradeceu o papel do Liceo como un dos mellores embaixadores da cidade: “O Liceo leva o nome da nosa cidade con orgullo por todo o mundo e é unha das marcas de identidade da Coruña”.
O club, que volve ser o único equipo de fóra de Cataluña que disputará a OK Liga, obsequiou a alcaldesa cun carné de socia do Deportivo Liceo. Rey valorou este agasallo como “todo un detalle, faime moita ilusión recibir este carné porque ademais o número de socia é moi simbólico, o 15006, a data da miña toma de posesión, o 15 de xuño”.
O Goberno local O Goberno local agradeceulle ao Deportivo Liceo o seu compromiso coa cidade.