Luns 25 de Xaneiro de 2021

Iniciadas as obras para dotación de 60 novos metros de beirarrúas ao barrio de Abesadas xunta á rotonda da Poutada


O Concello de Ribeira informa do inicio das obras destinadas á construción dun tramo de novas beirarrúas no barrio de Abesadas, preto dos dous aparcadoiros disuasorios gratuítos municipais alí enclavados.
Así, operarios da empresa Construccións Fermín Simal están a desenvolver unha intervención pola cal se dotarán a esta zona, lindante coa rotonda da Poutada, con 60 metros lineais de beirarrúas de baldosa hidráulica. O lugar en cuestión tiña un pavimento de terra.
A mesma actuación engloba outros dous traballos de mellora da seguridade viaria que se localizan na rúa Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño; e en Iñeiras na parroquia de Olveira.
O conxunto da actuación entraña un investimento de 43.408 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de
Concellos) POS+ 2018.
O prazo de execución son dous meses.