Luns 25 de Xaneiro de 2021

O Auditorio de Ribeira dará cabida a un espectáculo circense coas actuacións de asSircópatas e Rilo & Penadique


O Auditorio Municipal de Ribeira será escenario o vindeiro domingo 11 de outubro ás 18 horas dun espectáculo circense de Pistactiva coa participación de asSircópatas e de Rilo & Penadique.
Para poder asistir é imprescindible reserva previa escribindo un correo electrónico co nome, apelidos, teléfono e calidade de convivintes a culturaefestexos@ribeira.com.
A entrada é gratuíta.