Luns 25 de Xaneiro de 2021

Positivo por alcolemia tras impactar co seu vehículo nunha das palmeiras do Malecon


A Policía Local informa dun novo delito contra a seguridade viaria no noso municipio, neste caso por parte dun veciño da Pobra de 39 anos que na noite de onte deu positivo por alcolemia logo de impactar co seu vehículo (un Renault Megane) nunha das palmeiras do paseo do Malecón. Os feitos tiveron lugar en torno ás 23.25 horas. Logo do sinistro, o condutor marchou do lugar dos feitos a bordo do seu vehículo pero foi interceptado por unha patrulla da Policía Local á altura do mercado municipal. As probas de alcolemia deron 1,05 e 0,96 mg/l.
Bar denunciado
Por outra parte, dende a Policía Local informan tamén de que un establecemento hostaleiro da cidade foi denunciado tras incumprir o horario de peche.