Sábado 28 de Novembro de 2020

Axenda fin de semana en Cariño


LA MACANA: «PINK UNICORNS»

Domingo 18 de outubro – 19 horas – Auditorio Municipal

ENTRADA GRATUITA – Podes retirar a túa entrada (máximo 2 por persoa) no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2) ata o sábado 17 de outubro ás 20 horas.

Espectáculo incluido e subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández
Intérpretes: Alexis Fernández & Paulo Fernández
Diseño de espacio: Tilo Schreieck
Diseño de iluminación: Afonso Castro
Dirección de producción: Caterina Varela
Duración: 70 minutos

O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fllo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa amplia experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai.

Ao remate podemos disfrutar dunha CHARLA – COLOQUIO coa COMPAÑÍA para poder falar do proceso de creación e poder compartir ou preguntar o que sexa aos actores.

Dita charla está enmarcada no programa CARA UNHA ESCENA PLURAL, ao que pertence o Concello de Cariño xunto a outros cinco concellos de Galicia (Outes, Oleiros, Ourense, Ribadeo e Tui).

‘Cara a unha escena plural’ é un proxecto que impulsa a circulación da danza e artes vivas de carácter profesional no noso territorio. Ten por obxectivo principal procurar unha presenza estable e regular destas expresións nos espazos escénicos galegos, ao tempo que favorecer a circulación dos traballos artísticos feitos en Galicia, e promover a difusión e sensibilización dos públicos cara aos mesmos.

‘Cara a unha escena plural’ funciona a través do deseño de programas específicos para cada localidade colaboradora, compostos por funcións escénicas e actividades paralelas acompañadas dun traballo de mediación, pensados para facilitar a creación de públicos. Ademais, ‘Cara a unha escena plural’ promove outras accións transversais de investigación, escrita, encontros, rexistro e arquivo arredor das profesionais da danza e as artes vivas en Galicia, tanto de modo presencial como online.