Mércores 25 de Novembro de 2020

O comercio local de Camariñas recadará fondos para a Asociación Española Contra o Cancro


O Concello encargouse de poñer en contacto aos comerciantes coa asociación para levar a cabo esta iniciativa polo Día contra o Cancro de Mama

O comercio local de Camariñas lanza unha iniciativa para recadar fondos polo Día contra o Cancro de Mama. Todo o que se consiga irá destinado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Hoxe reuníronse na casa consistorial a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua e a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro, cos comerciantes que participan neste proxecto.
A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, encargouse de poñer en contacto aos comerciantes coa AECC para poder articular a entrega dos fondos recadados. Cada establecemento adherido aportará 20 euros e ata o próximo martes, 20 de outubro, tamén venderán máscaras solidarias.
Polo momento, os comercios que participan son Ricardo Más (Camariñas), Moda Guillermina (Ponte do Porto), Óptica O Faro (Camariñas),Panadería Perla (Camelle), Moda Azucena (Camariñas), Encaixes Gelina (Camariñas), Peluquería Animor (Camariñas), Floristeria Alecrín (Xaviña), Bar Pillo
(Arou), Encaixes Montse Freire (Camariñas), Librería Ler (Ponte do Porto).