Xoves 22 de Outubro de 2020

O Concello avanza na mellora da seguridade viaria en San Vicente con actuacións en tres vías


Os traballos están a se realizar nun camiño situado no lugar de Ameás, noutro en Taramuño e un 3º situado entre este lugar e As Cabras.

O Concello de Carral segue traballando para incrementar a seguridade viaria en todo o termo municipal. Así, ademais das obras na parroquia de Paleo, o executivo xa iniciou os traballos para acondicionar tres camiños: un situado no lugar de Ameás, outro en Taramuño e, por último, unha terceira vía que conecta As Cabras con Taramuño. Estas obras contan cun orzamento de máis de 50.000 euros e fináncianse a cargo do Plan de Obras e Servizos 2019 da Deputación da Coruña.

Por unha banda, o vial de Ameás presentaba unha pendente acusada na zona de acceso. A través das actuacións, proxéctase a demolición da parte inicial para reducir esta inclinación, completando a intervención coa pavimentación do firme.

Polo outro, e co fin de resolver o estado no que se atopa a vía, o Concello mellorará o firme do camiño situado en Taramuño ampliando, ademais, o ancho nalgunhas zonas.

Por último, a estrada que une As Cabras e Taramuño contará, ao remate deste proxecto, cunha nova capa de saburra artificial e cun acabado a base de aglomerado asfáltico.

En paralelo, o Concello construíu cunetas de seguridade e instalou gardarraíles en varios puntos da DP-2106 que transcorre por San Vicente.

Como explican desde o goberno local, «ou obxectivo é seguir traballando non acondicionamento dá rede de camiños do municipio, facendo as estradas máis seguras para ou tráfico vehicular e peonil».

Deja un comentario