Sábado 28 de Novembro de 2020

Gonzalo Trenor destaca o investimento de case 100.000€ na mellora dos accesos ao Hospital Comarcal de Cee


As obras, planificadas e coordinadas co Sergas, están enmarcadas nos proxectos de mellora da accesibilidade nos principais centros hospitalarios públicos de Galicia

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou o remate das obras de rehabilitación estrutural localizada do firme nos viais interiores do aparcadoiro e de fresado e reposición de firmes no entorno do hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Con esta actuación apuntou o representante do Goberno autonómico buscamos “por unha banda conservar e mellorar a seguridade vial e a comodidade dos usuarios que acoden a diario ao centro de saúde e por outra protexer o conxunto do firme mellorando o aspecto e a durabilidade”. Esta actuación contou cun investimento da Xunta de Galicia de case 100.000 euros.
Gonzalo Trenor destacou que este investimento inclúese dun plan de mellora da accesibilidade aos principais centros hospitalarios da Coruña. Concretamente, na provincia da Coruña investíronse máis dun millón de euros de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade, concretamente, no hospital Naval, no Arquitecto Marcide e no Novoa Santos de Ferrol; no Teresa Herrera (Materno) da Coruña e lavandería de A Grela; no CHUS e no provincial de Conxo de Santiago e no hospital comarcal do Barbanza.

Trenor recalcou que “obxectivo das obras é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos contornos destes hospitais, favorecendo a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario que se achega cada día ás instalacións destes hospitais”.
Os traballos foron planificados cos responsables do Sergas, analizando as necesidades de actuación. As obras executáronse de modo coordinado cos equipos técnicos sanitarios dos complexos para interferir o menos posible na actividade hospitalaria.