Mércores 25 de Novembro de 2020

Miño celebra este domingo a I Regata de Kaiak de Mar Concello de Miño baixo un exhaustivo protocolo COVID


Este domingo, 25 de outubro, celebrarase a I Regata de Kaiak de Mar do Concello de Miño. Na proba participarán deportistas especialistas en Kaiak de Mar, Surfski e Pádel Surf, atraídos pola “Onda Longa” que se forma nas costas do municipio e considérase a onda máis longa de Galicia.
Tamén se contará coa presenza de Carlos Pérez Rial, campión olímpico en Pequín e Walter Bouzan, campión de Europa.
Os/ as deportistas deberán chegar ao illote Carboeira situado na praia de Perbes e bordealo, para coller as correntes que entran na Ría de Betanzos e terminar o circuíto na Praia Grande de Miño.
A primeira saída será ás 10:00 da mañá, cun percorrido de 12.000 metros, a segunda saída será ás 11:30, para as categorías inferiores, que se disputará sobre 5.000 metros.
O Concello de Miño destaca que neste tipo de eventos a seguridade hixiénico-sanitaria está garantida, porque os espectadores da regata poderana gozar ao longo de todo o litoral do municipio, desde distintos puntos como o paseo marítimo, o porto de Miño, a praia Grande ou o areal de Perbes.
O evento foi presentado o venres 16 no Salón de Plenos do Concello de Miño polo alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, acompañado do concelleiro de Deportes, a presidenta do Club Deportivo Náutico de Miño e os presidentes da Federación Galega de Piragüismo e da Asociación de Empresarios de Miño.
Os deportistas e os seus familiares poderán comer un menú especial ofrecido por varios establecementos da Asociación de Empresarios, que colabora co evento e agasalla aos participantes cun reconstituyente ao final do percorrido.