Sábado 28 de Novembro de 2020

Autorización para pasar o gradiómetro na Croa do Castro de Cerqueda


O Concello de Malpica consigue a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para pasar o gradiómetro na Croa do Castro de Cerqueda.

A primeira acción a executar será un desbroce mecánico con control arqueolóxico para
que a superficie do castro permita desenvolver a prospección con toda a comodidade.

Segundo o arqueólogo Carlos Otero Vilariño, “se non fora pola chuvia caída durante esta semana, xa se poderían ter realizados os labores técnicos de campo estes días”. Durante o pase do gradiómero, Carlos Otero contará coa colaboración da poboación local e membros do INCIPIT, respectando as medidas COVID.

Tralo traballo de campo e a montaxe das imaxes de profundidade obtidas, o Concello de Malpica exporá os resultados ao público.