Mércores 25 de Novembro de 2020

O Concello presenta a XVI Mostra de Teatro de Malpica e dará comezo este mesmo venres


A programación estará marcada polo protocolo hixiénico-sanitario, e ‘as sesións’, engaden desde o goberno local, ‘estarán condicionadas ao contexto vixente no momento de celebrarse’, sinalan.
O Concello de Malpica, a iniciativa da concellaría de Cultura, presentou esta mañá a XVI Mostra de Teatro e dará comezo este mesmo venres, 30 de outubro, coa función ‘Bernarda’, de Malasombra Producións ás 20:30 horas no Centro Cívico.
A programación estará marcada polo protocolo hixiénico- sanitario, e ‘as sesións’, engaden desde o goberno local, ‘estarán condicionadas ao contexto vixente no momento de celebrarse’, sinalan. Para acudir, poderanse reservar os asentos no teléfono do departamento de Cultura, no 981 707 104.
As funcións estenderanse ata o 11 de decembro, no Centro Cívico, na Escola das Pozacas de Cerqueda, no Centro Social de Barizo, no Mercado de Abastos e no Antigo Centro Comarcal de Buño. Todos os escenarios contarán cun aforo limitado ao 50 por cento da súa capacidade.
A programación contempla un amplo abano de posibilidades, e dará comezo este mesmo venres, como xa comentabamos con anterioridade, na primeira das funcións do Ciclo de Sala. Terá continuidade o venres 6 de novembro, tamén ás 20:30 horas no Centro Cívico con ‘MedidaXMedida’, de P.T. Excéntricas. O venres 13 de novembro, con escenario novamente o Centro Cívico e ás 20:30 horas, Talía Teatro executará ‘Lambetadas’. ‘Tabú’, de Tarabela Creativa chegará o venres 20 de novembro ás 20:30 horas no Centro Cívico. O venres 27, novamente ás 20:30 horas no Centro Cívico, as persoas poderán contemplar a execución de ‘O meu mundo non é deste reino’, de Teatro da Ramboia. O domingo 29 de novembro, ás 19:00 horas da tarde, Contraproducións levará novamente ao auditorio do Cívico ‘A compañeira de piso’. O venres 4 de decembro, ás 20:30 horas, Galeatro executará ‘Carabela’ e como función que finiquita esta Mostra, o venres 11 de decembro ás 20:30 horas, Carlos Blanco fará
as delicias das espectadoras e espectadores con ‘Quen dixo medo?’.

Constará de catro funcións, a destacar ‘O lobo bobo’ de Elefante Elegante, que será o domingo 15 de novembro ás 17:00 horas na Escola das Pozacas de Cerqueda; ‘Utopías’ de Xarope Tulú o domingo 22 de novembro ás 17:00 hjoras no Centro Social de Barizo; ‘Contos no Mercado’, o domingo 6 de decembro ás 12:00 horas no Mercado de Abastos; e como colofón final a este ciclo: ‘O camiño da lingua’, de Galeatro no Antigo Centro Comarcal de Buño o domingo 6 de decembro ás 17:00 horas.