Martes 11 de Decembro de 2018

Aberto o prazo de inscripción para participar na “Nocturna da Torre”


A proba, que se celebrará o 28 de marzo, é a terceira do circuíto Coruña Corre cunha distancia de 6.590 metros

O Concello da Coruña, a través da Concejalía de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que xa está aberto o prazo de inscripción para participar na Nocturna da Torre, terceira carreira do circuíto Coruña Corre, que se celebrará o próximo 28 de marzo a partir das 19.50 horas. É a proba de maior éxito do circuíto -na pasada edición contou con 1.698 corredores-.
A carreira, que leva o nome de José Antonio Varela Calviño -membro da directiva da Federación Galega de Atletismo, que combinou o fútbol coa práctica do atletismo, na que destacou desde moi nova- conta coa colaboración do Club Coruña Comarca e da Asociación de Veciños e Comerciantes de Monte Alto.
Cun percorrido de 6.590 metros, a carreira sae da explanada da Torre de Hércules para percorrer o paseo marítimo ata As Ánimas, no castelo de San Antón, e regresar ata a meta, situada tralo ascenso da rampa de subida á Torre de Hércules. O resto de categorías sairán ás seguintes horas:
Xuvenil e Cadete: 17.15 horas, 2.300 metros.
Infantil feminino: 17.40 horas, 1.600 metros.
Infantil masculino: 17.55 horas, 1.600 metros.
Alevín feminino: 18.10 horas, 800 metros.
Alevín masculino: 18.20 horas, 800 metros.
Benjamín feminino: 18.30 horas, 800 metros.
Benjamín feminino: 18.40 horas, 800 metros.
Pitufos: 18.55 horas, 150 metros.
Os interesados en participar poden inscribirse ata o 23 de marzo na web de championchipnorte.com ou de forma presencial na oficina de viaxes do Corte Inglés da Casa do Auga. Esta terceira edición do circuíto Coruña Corre completarase coas seguintes probas:
VII Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. 28 de xuño
III Carreira Popular Ventorrillo. 12 de xullo
IV Carreira Popular Volta a Oza. 9 de agosto.
O circuíto Coruña Corre naceu coa intención de fomentar o deporte, aglutinar organizativamente ao gran número de carreiras populares en ruta que se organizan actualmente no municipio e involucrar ás asociacións vecinales e clubs de atletismo da cidade. Unha das súas particularidades é a de contar cunha clasificación familiar que pretende que os membros dunha mesma unidade familiar participen xuntos. Na súa terceira edición, segue apostando polo fomento do deporte e dos hábitos saudables entre os coruñeses de todas as idades. Tralo éxito da pasada edición, na que o circuíto consolidouse con 1.756 participantes, esta terceira edición -cuxa inscripción xa está pechada- conta con 2.358 inscritos finais, entre os que se atopan 127 familias. Ademais, nas dúas primeiras carreiras do circuíto logrouse incrementar por encima do 22% a participación feminina, outro dos grandes obxectivos de Coruña Corre.