Domingo 06 de Decembro de 2020

A Policía Autonómica realizou 18 operativos na provincia da Coruña para controlar as medidas ante covid-19


No marco destes controis os axentes identificaron a 25 persoas e tramitaron 12 denuncias en nove concellos da provincia coruñesa

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 18 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 35 inspeccións en catro concellos da provincia na pasada fin de semana, que deron como resultado a identificación de 25 persoas e a tramitación de 12 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 13 ao 15 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo dispositivos en nove municipios da provincia en Ames, A Coruña, Noia e Santiago de Compostela.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que que se rexistraron p7 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.