Domingo 06 de Decembro de 2020

Acto para conmemorar o Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres


Esta mañá, parte do goberno local do Concello de Malpica sumouse á reivindicación para reclamar un maior número de matronas e pediatras.

Este acto, enmárcase dentro dunha serie de actividades para conmemorar o Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, organizadas pola concellaría de Igualdade do Concello en colaboración coa de Servizo Sociais.

Na xornada reivindicativa participaron o alcalde de Malpica, Walter Pardo, o Concelleiro de Servizos Sociais, Sergio García, a Concelleira de Igualdade, Leticia Varela, a Concelleira de Educación, María Álvarez e o Concelleiro de Deportes, Miguel Varela.