Domingo 17 de Xaneiro de 2021

Conmemoración do 25N en Carral


O Concello de Carral acolleu hoxe un acto en conmemoración do 25 N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Antes do minuto de silencio de hoxe, dúas alumnas de 4º da ESO do IES de Carral leron un manifesto en contra da violencia de xénero.