Mércores 27 de Xaneiro de 2021

Realizados diversos traballos no campo de fútbol de Cadreche


A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal informa de que se efectuaron diversos traballos na
instalación do campo de fútbol de Cadreche. Concretamente, procedeuse coa subministración e a colocación dunha rede de tea cunha malla de 10 x 10; coa dotación e instauración de 6 tubos de aceiro galvanizado a 6 metros de altura e 50 de diámetro para suxeita-la rede no fondo da portaría; co abastecemento e compactación de balastro na zona frontal das bancadas; co equipamento e a instalación de reixas nas fiestras do vestiario lacado en verde; coa aplicación de pintura branca para interiores e, incluso, o repaso das faltas, tamén nos vestiarios, corredores e duchas na súa totalidade; e coa tapadura do buraco dunha porta de paso con revestimento por ámbalas caras con morteiro.
A dita actuación foi executada por Constrios S.L. e o investimento ascendeu a 9 926’84 euros, IVE incluído.
Trátase dunha intervención enmarcada no plan de mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano, cuxa finalidade reside en ofrecerlles aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade.