Mércores 27 de Xaneiro de 2021

Situación epidemiolóxica en Camariñas


Situación epidemiolóxica do Concello de Camariñas.

👉 A día de hoxe, xoves 3 de decembro, hai 9 positivos por COVID-19.
👉 Detectáronse varios positivos no IES Pedra da Aguia polo que unha empresa autorizada está a desinfectar o centro.
👉 A Xefatura Territorial comunicoulle á directora do instituto que se realizará un cribado para os alumnos de 3º e 4º da ESO e está intentándose que se amplíe ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

Desde o goberno local recomendamos ao alumnado do instituto que, ata saber o resultado das PCR, limiten ao máximo posible as saídas e as súas relacións sociais.