Domingo 17 de Xaneiro de 2021

O pobrense Museo Valle-Inclán ofrece, xunto con outras institucións, o espectáculo Palabras en pedra


O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, na súa liña de achega-la obra artística do intelectual a
aquelas localidades vinculadas á súa figura e aos seus textos, practica un labor de promoción institucional en Galicia. En consecuencia, o Concello de Santiago de Compostela, o Museo Valle-Inclán e Teatro En Punto ofrecen ao público da capital galega o espectáculo Palabras en pedra, unha representación de cadros escénicos a partir de textos do máximo expoñente do esperpento.
A cita terá lugar no 8 de decembro, ás 12.00 horas, no claustro de San Domingos de Bonaval, cedido para tal ocasión por colaboración do Museo do Pobo Galego. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben reserva-la súa entrada de balde a través do enderezo electrónico teatroenpunto@gmail.com.
A dramaturxia e dirección corren a cargo de Roberto Leal quen, ademais, forma parte do elenco xunto con Gloria Rico (actriz) e Sabela Dacal (coa música en directo). Os textos que serán representados son Juan Quinto, A miña irmá Antonia, Milón de Arnoia, curtas de ficción literaria valoradas entre os principais contos de asunto/temática galega.
Cómpre lembrar que Santiago de Compostela, como capital galega importante no seu decurso biográfico, literario e sentimental, onde está sepultado, realiza periódicas homenaxes a Valle-Inclán.
Promoven, por cooperación institucional, o Concello de Santiago de Compostela e o Museo Valle-Inclán pobrense, co patrocinio do consistorio santiagués, produción de Teatro En Punto e colabora, cedendo un espazo monumental, o Museo do Pobo Galego.