Mércores 03 de Marzo de 2021

Boqueixón e Vedra poñen en marcha os cursos de monitor/a e director/a de actividades de tempo libre con 41 persoas participantes


A formación impartirase de xeito dual, sendo unha parte presencial e outra en liña
Os Concellos de Boqueixón e Vedra deron comezo a pasada fin de semana a dúas iniciativas de formación. Son un total de 41 persoas as que participan nos cursos de Monitor/a e de Director/a de Actividades de Tempo Libre. Unha vez completados, os alumnos e as alumnas poderán obter a titulación correspondente, que estará homologada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta.
Ambas as dúas propostas formativas impartiranse de xeito dual. Así, o 60% das clases realizaranse de tipo presencial, mentres que o 40% restante serán en liña.
As sesións presenciais desenvólvense no centro sociocomunitario de Sergude.
No caso do curso de Monitorado de Actividades de Tempo Libre, as persoas participantes deberán completar un total de 200 horas teóricas –que finalizarán o vindeiro 10 de abril- e 150 de carácter práctico –que se completarán posteriormente-. Esta acción formativa está sendo impartida pola Escola de Tempo Libre Aloumiña.
Pola súa banda, a Escola de Tempo Libre Don Bosco encárgase do curso de Dirección de Actividades de Tempo Libre, que consta de 150 horas teóricas, que se imparten no centro social de Vedra. Unha vez finalizada esta parte do curso, as persoas participantes deberán superar outras 150 horas de carácter práctico.
Dende os Concellos de Boqueixón e Vedra poñen de manifesto a importancia de “ofrecer formación á poboación neste tipo de materia, xa que se trata dun nicho de mercado que cada vez conta con maior demanda. Agardamos que estes cursos sirvan para acadar unha maior inserción laboral das persoas participan”.