Venres 16 de Abril de 2021

O Concello de Touro entrega 250 exemplares do xogo dos Bolechas ‘Touro en igualdade, coñece o teu concello’ ao CPI Fonte Díaz para repartir entre o alumnado


O Concello de Touro, da man da concelleira de Educación, Cultura e Deportes, Adela Iglesias, entregou fai uns días á directora do CPI Fonte Díaz, Carmen Rendo, un total de 250 exemplares do xogo dos Bolechas ‘Touro en igualdade, coñece o teu concello. O iniciativa do Concello de Touro de editar o xogo que aposta pola igualdade foi apoiada polo programa do Ministerio de Igualdad do Goberno central a través do Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. A concelleira explicou que os xogos serán entregados ao alumnado co colexio público de Touro para que xoguen, coñezan o concello de Touro e tamén se formen no eido da igualdade. O xogo é axeitado para toda a familia e conxuga coñecementos sobre temas de igualdade e sobre o propio municipio para que meiores e pequenos amplíen e melloren os seus coñecementos sobre igualdade e sobre o seu propio municipio.

O xogo dos Bolechas ‘Touro en igualdade, coñece o teu concello’, do que se editaron 500 exemplares, consta dun taboleiro cunha ruta a seguir polas persoas xogadoras. A maior parte das preguntas están relacionadas coa iguladade e coa historia, patrimonio e natureza do Concello de Touro. O xogo permite traballar na adquisición de habilidades sociais e hábitos de comportamento responsables, apréndese a valorar as consecuencias das propias accións, a respectar as normas e a manter relación respectuosas e afectivas coa contorna próxima.