Mércores 17 de Outubro de 2018

Os alumnos do David Buján volven ser referentes en proxectos de investigación científica e tecnolóxica


Comunicouse a composición dos finalistas no Premio Luis Freire, que se celebra naCoruña o próximo 28 de febreiro.

Á final só poden acceder tres traballos en cada categoría e o IES David Buján de Cambre estará en dous finais:
– Final de investigación científica, co traballo ” Ule igual a mesma colonia en diferentes persoas? ” traballo mellorado e adaptado a este concurso, aínda que xa fora seleccionado para Galiciencia2014. Traballo realizado por: Esther Criado, Nuria Reborido e Andrea Vázquez
– Final de investigación tecnolóxica, co traballo “A Coruña Aumentada, A Coruña enriquecida” traballo realizado polos alumnos de 1º de Bacharelato Juan Carlos Cáceres e María Varela, que ofrecen unha dimensión nova á visita turística da Coruña, mesturando realidade aumentada e cine.

Por outro lado, o mesmo centro realizará unha visita a Terras Vedras en Portugal de alumnos e profesores dentro do proxecto “Me and you in a portable Knowledge”, visitaremos Agrupamento de Escolas Madeira Torres. Como vén sendo habitual neste proxecto, os alumnos devolverán a visita (23 ao 27 de febreiro) á casa dos alumnos portugueses que recibimos o curso pasado.

No marco do proxecto europeo de actividades ao aire libre na escola “Our Landscape, our home, our school” recibiremos entre o 23 e o 27 de marzo a 14 profesores de Lituania, República Checa, Polonia e Turquía, cos que prepararemos modelos de novas actividades, metodoloxía e ferramentas para potenciar o respecto pola natureza e a historia entre os nosos alumnos.

Por outra parte, seleccionouse o traballo ” Comer goma de mascar ao tempo que facemos un exame mellora os resultados? para participar na XVII Exporecerca Jove que se celebrará en Barcelona entre o 26 e 28 de marzo. Este traballo está realizado por Uxía García, Marta Paz e Noa Viñas. A Exporecerca é un congreso internacional para mozos investigadores.