Sábado 14 de Decembro de 2019

A sala infantil da Biblioteca do Tempero estará pechada ata novo aviso


O que si se pode abrir será a sala de adultos da Biblioteca Os Templarios, e de feito abriu esta mañá, con normalidade, pois non foi

Tras a inundación de fecais o pasado sábado que afectou á biblioteca do Tempero, o goberno local decidiu que permaneza pechada a sala infantil ata que se desinfectase de forma conveniente. Así mesmo, os técnicos aconsellan non abrir o espazo de lectura ata que se perite a canalización para valorar os danos e poder proceder ao peche do falso teito. Nun principio pensábase poder abrir este luns pero seguindo as indicacións dos técnicos permanecerá pechada ata próximo aviso. Por sorte, esta semana non hai programada ningunha actividade de animación á lectura polo que o peche só afectará a

O goberno local considera prioritario desinfectar convenientemente a zona, pois trátase dunha inundación de fecais e é unha Biblioteca Pública Infantil.

O que si se pode abrir será a sala de adultos da Biblioteca Os Templarios, e de feito abriu esta mañá, con normalidade, pois non foi afectada.